Este outono chegan un bo feixe de actividades para celebrar a crianza con apego pola lingua en Compostela.

Entre as propostas destacan as que se dirixen especialmente á primeira infancia, que se organizan no CSC  do Ensanche:

  • Mércores, 26 de outubro ás 18.00 h: A alfombra máxica, de Títeres Babaluva. Os bebés (0-3 anos) poderán experimentar táctil, sonora e olfactivamente e mergullarse nunha viaxe sensorial acompañada de monicreques, música e outras sorpresas. Inscrición previa en dlg@santiagodecompostela.gal a partir do 10 de outubro.
  • Sábado, 5 de novembro ás 18.00 h: Cantacontos, con Pablo Díaz. Os cativos e cativas (0-5 anos) viaxarán a través dos contos a través da música como fío condutor. Inscrición previa en dlg@santiagodecompostela.gal a partir do 17 de outubro.
  • Mércores, 16 de novembro ás 18.00 h: Nen@s e lingua, unha oportunidade, con Manuel C. Núñez Singala. Un encontro para nais e pais onde reflexionar sobre algo tan importante para o futuro dos fillos e fillas como a transmisión da lingua. Como e que falarlles? Inscrición previa en dlg@santiagodecompostela.gal
  • Sábado, 10 de decembro ás 12.00:  Entre arrolos e contiños, de Migallas. Os peques de entre 6 meses e 4 anos poderán gozar dunha divertida sesión de contos con música. Inscrición previa en dlg@santiagodecompostela.gal a partir do 15 de novembro.

Tamén podedes atopar outras moitas actividades para os máis grandiños e para festexar o Samaín, o Magosto, o Nadal…

 

mapa-pedroso

No folleto descubriredes varias rutas para ver cogomelos no monte Pedroso. No outono… pan de raposo no Pedroso!

 

 

 

 

Para ver toda a información relacionada preme a seguinte ligazón:

Programación con Apego de outono

Pin It on Pinterest

Share This