cartel-prazadoslibros-carballo-2017_600-recEntre o xoves 6 e o domingo 9 de xullo ten lugar no Xardín Municipal de Carballo a Praza dos Libros, unha feira da creatividade cultural en que, entre outras moitas actividades, tamén haberá algunhas con moito Apego. En concreto, as nenas e os nenos poderán gozar coas seguintes propostas:

XOVES 6 DE XULLO

11.00 h Contos para abrazar as árbores

Animación de rúa coa Ciclobiblioteca e os contos de Anxo Moure, a través dos que dá a coñecer e pon en valor a figura do escritor carballés Xesús San Luís Romero

18.30 h Fantasía coas palabras

Concerto infantil a partir do libro-disco Fantasía coas palabras, de Papi & Mami, con Jorge Juncal e María López. Con cada letra do abecedario podemos crear tantas aventuras como queiramos! Fadas, bruxas, xigantes, indios, piratas, unha elefanta rapeira ou unha mamá marciana acompañarannos nesta viaxe musical, divertida e ben festeira!

VENRES 7 DE XULLO

 12.00 h Kosmocán

O ilustrador carballés Alberto Varela Ferreiro estará con nós para falarnos do seu último libro para todos os públicos: Kosmocán, a historia dos primeiros exploradores espaciais. E non estará só, pois un grupo de nenas e nenos dramatizarán o conto!

18.30 h Pirilampo

Concerto infantil a partir dos libro-discos Teatro de guiñol e Lucecús. Este grupo coruñés traeranos unha chea de cancións para cantar e bailar en familia!

SÁBADO 8 DE XULLO

 11.30 h Brinca vai!

Concerto infantil dun dos cantantes favoritos das nenas e dos nenos, Paco Nogueiras, que nos poñerá a cantar e bailar xa de mañá!

DOMINGO 9 DE XULLO

18.30 h O contador de contos

A actriz carballesa Alba Bermúdez representa esta peza infantil baseada en relatos de Carlos Casares, autor homenaxeado coas Letras Galegas neste 2017.

 

A Praza dos Libros estará aberta de 11.00 h a 14.00 h e de 18.00 h a 22.00 h no Xardín Municipal, con presentacións literarias, música, recitais, animación, descontos do 10%, sorteos diarios de libros e agasallo de pan e atún con cada libro mercado o domingo pola mañá.

O programa completo da Praza dos Libros de Carballo 2017 pode consultarse en .pdf aquí: http://carballo.gal/media/documentos/PROGRAMA_PRAZA_DOS_LIBROS.pdf

praza-dos-libros-2017-conapego

Pin It on Pinterest

Share This