Cada venres ás 18.00 h, e nas semanas do Nadal nos mércores, as nenas e os nenos de Moaña esperan impacientes para recibir unha morea de actividades ao berro de Chío, chío… Rechouchío. Desta maneira é como presentamos a nosa programación infantil cunha chea de contos, maxia, teatro, recitados… e moita música e moitos xogos. Desta volta e por mor do coronavirus, a programación desenvolverase sen público e retransmitirase en directo (desde facebook.com/ConcellodeMoanha ou facebook.com/rechouchios) para que as nenas e os nenos de calquera parte do mundo poidan asistir desde as súas casas.

Rechouchíos é o programa de dinamización lectora e lingüística destinada ás familias con crianzas para que poidan ter momentos de socialización en galego e axudalas a que usen o galego como lingua vehicular, ademais de espertar o interese dos nenos e das nenas polos libros, a música, as aventuras…

Descubre na pestana de actividades a proposta que temos cada semana.

Pin It on Pinterest

Share This