O mes de marzo trae a primavera e tamén unha machea de actividades para compartirmos con moito apego pola lingua en Santiago de Compostela!

Velaquí a proposta:

Tardes de contos

Martes / 17 e 18.15 h / Espazo Apego

Un tempo para entrar nos contos e experimentar a partir deles, aprendendo cada vez máis palabras para entender o mundo. As actividades desenvólvense cada semana arredor dun centro de interese diferente e en dous horarios:  de 17 a 18 h para  0-3 anos e de 18.15  a 19.15 para 3 a 6 anos.

 

Martes 7. A cor que escollas

Inscrición para 0-3, 17 h

Inscrición para 3-6, 18.15 h

 

Martes 14. Lentes fantásticos

Inscrición para 0-3, 17 h

Inscrición para 3-6, 18.15 h

 

Martes 21. Bolboretiñas

Inscrición para 0-3, 17 h

Inscrición para 3-6, 18.15 h

 

Martes 28. Cousas de bechos

Inscrición para 0-3, 17 h

Inscrición para 3-6, 18.15 h

 

 

Enredando

Mércores / 17 h / Espazo Apego

 

Un espazo de entretemento activo arredor do xogo, libre ou guiado. A socialización en galego é o obxectivo e a imaxinación e os valores da amizade e a cooperación serán as ferramentas. A actividade contará con dous grupos diferenciados: para 3-6, sen acompañamento dunha persoa titora, e para 0-3 con acompañamento. Nos dous casos o horario será de 17 a 19 h. Iranse incorporando temas e materiais relacionados coas festividades, o medio natural, a contorna inmediata etc., para propiciar a interacción.

 

Mércores 1

Inscrición para 0-3 anos

Inscrición para 3-6 anos

 

Mércores 8

Inscrición para 0-3 anos

Inscrición para 3-6 anos

 

Mércores 15

Inscrición para  0-3 anos

Inscrición para 3-6 anos

 

Mércores 22

Inscrición para 0-3 anos

Inscrición para 3-6 anos

 

Mércores 29

Inscrición para 0-3 anos

Inscrición para 3-6 anos

 

 

Presentación da Semente

Sábado 4 / 12 h / Espazo Apego

O equipo da Semente Compostela convídanos a un encontro para coñecer máis o seu proxecto educativo e resolver dúbidas sobre a escola e o proceso de inscrición do vindeiro curso que está a piques de abrir.

Entrada libre

 

 

Novos lobos de Fantoches Baj (+5 anos)

Xoves 9 / 18 h / Espazo Apego

Na soidade da montaña, un pastor cóntalles ás súas ovelliñas contos de novos lobos. Lobos que xa non meten medo como o lobo de San Froilán, quen trocou a súa ansia devoradora de carne pola dos libros, ou o lobo a quen lle gustaba a música e non comeu a avoíña do carapuchiño porque esta lle cantou unha canción, ou o conto do lobo e do seu eterno inimigo, o raposo, aos que amosarse a súa amizade e afecto lles axuda a que todo lles vaia mellor.

Inscrición

 

Cucú de María Faltri e Jorge Juncal (+3 anos)

Xoves 30 / 18 h / Espazo Apego

Cariño, confort, descanso, experiencias sensoriais, emoción, outros bebés e diversión en familia. Unha sesión ideada para transcorrer polo universo da crianza, pasando dunha sensación a outra coa naturalidade coa que medramos a cada paso que damos.  Cucú é unha selección das cancións do libro disco Fantasía coas Palabras que mellor acolle as necesidades dos primeiros anos de vida dos nosos protagonistas, os bebés.

Inscrición

 

 

 

Pin It on Pinterest

Share This