calendario-apego-2018-portada-online“En xaneiro naceu Mariña e os Magos trouxéronlle un axóuxere e unha mantiña”, “En febreiro vai frío fóra. Mariña está ao quente; come, dorme e ás veces chora”, “En marzo o sol asexa e Mariña sae pasear. Papá lévaa no coliño e ela ri cara á mamá”, “En abril ergue a cabeza para ver a primavera; Mariña fíxase en todo e xa pasa máis tempo esperta”… E así se vai tecendo, mes a mes, a historia de Mariña, a historia para contar os meses do calendario de Apego que xa publicamos neste ano pero que reeditamos para 2019.

O calendario está pensado para que, ademais, poida ser impreso en tamaño A4 e unido por un anel ou cordel, e incluso para colgar. Se o imprimides, ademais, cando remate o ano poderedes cortar a parte de abaixo de cada mes para terdes un conto ben xeitoso e comprenderdes o paso do tempo!

Descargádeo na ligazón inferior e comezade a historia de Mariña!

Mariña, unha historia para contar os meses. Calendario Apego 2019 (.pdf, 1,3 MB)

Pin It on Pinterest

Share This