calendario-apego-2018-portada-online“En xaneiro naceu Mariña e os Magos trouxéronlle un axóuxere e unha mantiña”, “En febreiro vai frío fóra. Mariña está ao quente; come, dorme e ás veces chora”, “En marzo o sol asexa e Mariña sae pasear. Papá lévaa no coliño e ela ri cara á mamá”, “En abril ergue a cabeza para ver a primavera; Mariña fíxase en todo e xa pasa máis tempo esperta”… E así se vai tecendo, mes a mes, a historia de Mariña, a historia para contar os meses do calendario de Apego 2018 que poñemos ao voso dispor e que podedes descargar, en .pdf, aquí.

Este calendario está pensado para que, ademais, poida ser impreso en tamaño A4 e unido por un anel ou cordel, e incluso para colgar.

Ademais, se se imprime, cando remate 2018 pódese cortar a parte de abaixo de cada mes, e queda un conto ben xeitoso para comprender o paso do tempo!

Así que, xa podes seguir o ano que comeza coa historia de Mariña, a nena do Apego 2018!

Mariña, unha historia para contar os meses. Calendario Apego 2018 (.pdf, 1,3 MB)

Pin It on Pinterest

Share This