A sección de descargables incorpora un novo paquete de bits de intelixencia sobre a nosa contorna.

Nesta ocasión son os espazos externos, urbanos e rurais, e elementos que os compoñen ou que os ocupan e que forman a nosa paisaxe diaria.

O obxectivo destes materiais, coma o dos demais bits temáticos que están dispoñibles, é ofrecer en galego un recurso para a estimulación e a aprendizaxe nas etapas 0-6 que moi empregado no ensino infantil pero que tamén pode ser útil para as familias.

Cada bit componse dunha imaxe e o correspondente nome, oral e escrito. A versión escrita ofrécese en letras maiúsculas e minúsculas para que o mesmo material poda ser empregado en diferentes momentos de aprendizaxe. A versión oral é unha ligazón ao Dicionario de pronuncia da Real Academia Galega, a través dun código QR nas tarxetas imprimibles ou premendo no símbolo correspondente para as imaxes de pantalla (neste caso é imprescindible descargar o arquivo e habilitar o contido en 3D).

Pin It on Pinterest

Share This