ÚLTIMAS NOVAS

Actividades do Apego en Ferrol para a primavera

Novas actividades no programa Apego para gozar esta primavera en Ferrol. As familias con nenos e nenas menores de 8 anos poderán participar en Ferrol, desde abril a xuño, en diferentes actividades de monicreques, de música, contacontos e cantigas guiadas e animadas por Paco Nogueiras, Trémola Teatro, Títeres Babaluva, Miguel Guido ou Caxoto.

Apego na primavera en Pontevedra!

Durante os vindeiros meses, as familias do Apego de Pontevedra poderán gozar dun amplo programa de actividades para medrar, aprender, socializar e compartir tempo de lecer en galego. Aínda que todas as actividades son de balde, cómpre inscribirse previamente xa que a cabida é limitada. A programación está dirixida a familias con crianzas de 0 a 6 anos e inclúe opcións específicas para as distintas etapas.

Propostas para o mes de abril en Compostela

A proposta de actividades do mes de abril no Espazo Apego xa está dispoñible e... ademais, unha recomendación neste mes dos libros. Deámoslle importancia á lectura desde que nacen, con isto fomentaremos as habilidades lingüísticas, o interese polo coñecemento, o incremento da concentración e tamén desenvolveremos a súa imaxinación e creatividade.

Actividades para o mes de marzo en Compostela

A casa compostelá do polbo Po volve abrir as portas para todas as familias que vivides a vida e a lingua con moito Apego! Velaquí a programación para o mes de marzo. Mirade o calendario e anotádevos nas actividades que vos presten.

Actividades de Apego na Coruña (febreiro a xuño de 2024)

Programación variada para público familiar: música, contos, teatro... para aprender e gozar.

Programación Apego de Ames para o primeiro semestre de 2024

Ampla variedade de actividades divertidas e participativas pensadas para favorecer a transmisión da lingua e achegarlles recursos ás familias que contribúan a unha crianza en galego, positiva, natural e creativa.

Festa do Apego en Compostela

O 23 de decembro teremos un día enteiro de actividades para a cativada máis cativa e para socializarmos co galego como ferramenta e coa música, os contos, o xogo, a danza, o teatro, a maxia, os recursos... como experiencias enriquecedoras. Unha verdadeira festa para rematar o ano en Compostela!

Outono de Apego en Ferrol

De outubro a decembro Apego ofrécenos en Ferrol música, contacontos, teatro ... ,  actividades para se divertir e aprender da man de Pablo Díaz, Caxoto,Teatro Migallas, Trémola Teatro ou A Xanela do Maxín. Pódese consultar o programa completo e a información detallada sobre cada actividade premendo neste enlace.

Outono con Apego en Pontevedra!

En Pontevedra dámoslle a benvida ao outono cunha nova programación infantil para as familias do Apego! Durante os vindeiros meses, as crianzas e as súas familias poderán participar dunha ampla variedade de actividades que lles proporcionarán recursos e espazos para medrar, gozar e tecer redes en galego.

Programación de Ames para os meses de setembro, outubro, novembro e decembro

Xogos, contos, obradoiros, espectáculos musicais e teatrais, foliadas, cinema, maxia... unha programación variada e participativa pensada para favorecer a transmisión da lingua e achegarlles recursos ás familias para unha crianza en galego, positiva, natural e creativa

Apego

Apego vai dirixido a vós, ás familias que vos estades a preparar para a chegada dun novo membro e tamén ás que tedes nenos e nenas ata 6 anos. Queremos axudar á socialización en galego e propoñervos o uso da lingua galega para crear vínculos coa familia, para asentar o arraigo a esta terra, porque a lingua que mamamos, na que aprendemos a falar, vai ser a base da identidade futura do voso fillo ou da vosa filla. A lingua de cada pobo é un tesouro irrepetible e tamén é a cerna que lle permite existir e descubrir o mundo. Únete a nós no Apego, porque cremos no noso futuro.

Programa colectivo

Apego é un programa colectivo creado para fomentar e mellorar a transmisión do galego como lingua inicial.

Aventura conxunta

Naceu por iniciativa da Coordinadora de Traballadores/as de Normalización Lingüística e desenvólvese, de xeito cooperativo, entre os servizos de normalización dos concellos adheridos.

Nenos e nenas de 0 a 6 anos

Diríxese ao contexto familiar e social dos nenos e nenas nos seus primeiros anos de vida (0 a 6) para achegarlle argumentos e facilitarlle ferramentas e redes que sosteñan e arroupen a crianza en galego.

Apego, pola vida e pola lingua

Este é o lema deste proxecto no que os pais e nais, e os educadores en xeral, van atopar orgullo pola máis orixinal das nosas creacións e forza para preservala e transmitila.

Amor, arraigo, lingua, orgullo e identidade

Apego é empatía, vínculo, comunidade… Apego é apoio para a responsabilidade de construír o futuro desde a raíces e a lingua propia.

Comunidade Apego

Un espazo para compartir, para encontrar e encontrarse, aberto a calquera iniciativa que contribúa aos fins do proxecto.

SÚMATE Á COMUNIDADE!

Desde este espazo virtual e desde os servizos de normalización queremos facer máis doado o acceso á información e aos recursos dispoñibles. Algúns son creados especificamente para o proxecto Apego, como a caixa de benvida e o disco compilatorio, dirixidos á preparación da chegada dun neno ou nena á familia, ou os autoimprimibles ou audiovisuais que van acompañando moitas experiencias. Outros son froito da interrelación con proxectos de diversa orixe e que procuramos achegar aos seus destinatarios. Esta web quere ser un espazo para encontrar e encontrarse, aberto a iniciativas que contribúan aos fins do proxecto.

Veña, imos!

APEGO NUNHA CAIXA

Ides ter un bebé? Parabéns! Comezades unha nova e extraordinaria aventura chea de ledicia, cambios e emocións na que sentimentos como o amor, o apego e o arraigo serán piares fundamentais para que o voso pequecho ou a vosa pequecha medre feliz e se sinta querido/a e arroupado/a.
Este é o momento de decidir moitas cousas; xa sabedes en que lingua lle ides falar?

Un agasallo para ti

Para esas familias que queredes que a lingua galega forme parte da vosa vida, creamos o proxecto Apego. Se o vides coñecer, temos para vós, ou para ti, un agasallo de benvida con materiais e recursos moi útiles especialmente creados para este tempo de agarda e preparación.

Requisitos

Vivir nalgún dos concellos que manteñen o programa e pedir unha cita co servizo municipal de normalización lingüística. Na sección “Quen somos?” tedes todos os datos de contacto. Así de fácil!

Vínculo especial

Súmate a este proxecto colectivo para fortalecer o apego e o arraigo a través da lingua galega, a lingua propia de Galicia, a dos nosos país, avós…, a nosa. Ter un vínculo tan especial co voso fillo ou filla é a base para que medren como persoas seguras, honestas, estables e felices.

PRÓXIMAS ACTIVIDADES

Que estamos a facer agora? Descubre todas as actividades e accións formativas que deseñamos especialmente para ti.

ACTIVIDADES
Apego é un proxecto dos servizos de normalización lingüística dos seguintes concellos:

Pin It on Pinterest

Share This