Pakolas e Mamá Cabra actuarán o sábado 6 no Galegote Rock de Pontevedra! O festival de música en galego promovido polo Concello de Pontevedra, que aposta pola música como medio para fomentar o uso e transmisión da nosa lingua, inclúe este ano dous concertos infantís: o músico guitarreiro Pakolas actuará ás 13 h e o grupo Mamá Cabra ás 17 h. Debido á inestabilidade da previsión meteorolóxica, estes dous concertos especificamente programados para crianzas terán lugar na Sala Karma, de balde.

Vides galegotear?

 

Pin It on Pinterest

Share This