cartel-festinha-do-apego

O xoves, 30 de decembro estaremos no Auditorio de Galicia para festexarmos o Apego no comezo do camiño de volta ás clásicas festas de final de ano. A fin do ano convoca un encontro especial para as familias interesadas na crianza en galego: a festa do Apego que, por agora, deixamos en festiña.

A Festiña do Apego no Auditorio de Galicia este ano terá tres citas:

Pola mañá, ás 12 h, música e contos con: Arrolos de Salitre (Faia Díaz e Guillerme Fernández) e Os tres porquiños de Migallas Teatro, para a cativada máis miúda (de 0 a 3 anos).

Pola tarde, ás 17 h, unha proposta escénica con Pérez & Fernández, Aguratrat, e con moito amor polas persoas e os animais (a partir dos 6 anos).

Ás 18.30 h, A fiestra dos soños de Trotaventos, un gran concerto musical para todos e todas.

Os convites para cada un destes espectáculos poden retirarse a partir do 20 de decembro ás 11 h en compostelacultura.gal e no despacho de billetes da Zona C, Punto de Información Cultural. Aberto de martes a sábado, de 11 a 14 h e de 16 a 19 h. Domingos de 11 a 14 h.

Pin It on Pinterest

Share This