ESPAZO DE XOGOS POPULARES COA ASOCIACIÓN TREBELLOS

De 18.30 a 21 h: o arboredo da Xunqueira converterase nunha eira de xogos populares para ir xogando en familia.

PERCUBEBÉS: O CUCO VEU POR ACÁ E MARCHOU POR ALÁ

Ás 18.30 h: obradoiro musical para descubrir cantigas infantís e experimentar con instrumentos de percusión da man de Marcelo Dobode e Beatriz Martínez. O público bebé e as súas familias poderán participar, adquirir ferramentas para a execución musical e coñecer cantigas infantís da nosa terra.

GOLFIÑOS: SILFORIÑA

Ás 19.30 h: Elena, Jesús e Javier traen a Moaña este concerto agarimoso cheo de emocións, de música e narración recomendado dos 3 anos en diante.

Silforiña é unha nena que mira a vida a través da súa fiestra e soña coa vida e imaxina a cantidade de emocións e historias que pode atopar fóra: unha viaxe en barco, pegar un chimpo co ouveo dun lobo ou mexerse no luar dunha noite máxica.

Silforiña é música para a cativada, música para os corazóns máis grandes!

No caso de que vaia mal tempo, farase no alto da praza de abastos.

Pin It on Pinterest

Share This