Este sábado 1 de decembro tivo lugar no auditorio municipal unha xornada chea de teatro, contos e xogos para toda a familia. As actividades programadas foron Nube, nube, sol de Teatro ao Cubo, Bichocas de Atenea García e Minia convídate a xogar de Babaluba Teatro e tiveron moi boa acollida por parte das familias asistentes. Nenos, nenas e adultos gozaron de historias e personaxes prodixiosos, e postas en escena e interpretacións de gran calidade.

Achegáronse ata o auditorio unhas 450 persoas que, ademais de asistir aos espectáculos programados, puideron gozar dun espazo de xogo libre no que estaban dispostos xogos para construír, encaixables, de movemento, monicreques, unha pequena biblioteca,…

Sen dúbida, unha xornada na que a imaxinación, o entretemento, a cultura e a lingua se uniron para que o Apego siga medrando e as familias sigan apoiando a crianza en galego.

Aquí vos deixamos algunas fotos

xogos-1 xogos-2 nube-1

bichocas-1 minia-1

Pin It on Pinterest

Share This