Este sábado 2 de xullo, visitaron Pontevedra familias do Apego do concello de Negreira. Avelaíñas, con pequechas e pequechos de 0 a 3 anos, e Rebuldeiras, con nenas e nenos de 3 a 6 anos, pasaron un día divertido e cheo de actividades en Pontevedra. Estiveron dentro do foso dun castelo, xogaron nun parque, visitaron a cidade, comeron na ribeira do Lérez e viron probas dun campionato de piragüismo.

As familias viaxaron acompañadas pola concelleira de Educación e Servizos Sociais do Concello de Negreira, María Jesús Veiga Hortas e pola técnica de Normalización Lingüística, Carme Pereiro. Visitaron a cidade dentro dunha xornada de convivencia dirixida a fortalecer o uso do galego como lingua de socialización e de comunicación dentro das familias. O concelleiro de Normalización Lingüística de Pontevedra, Alberto Oubiña, recibiu o grupo para darlle a benvida á cidade.

Os grupos Avelaíños e Rebuldeiros de Negreira traballan, dentro do proxecto Apego, para favorecer o uso da lingua galega nas familias, fomentar a transmisión da lingua e estimular a socialización das crianzas en galego mentres interactúan as distintas xeracións da familia.

Programa das familias Avelaíñas e Rebuldeiras en Pontevedra:
• Ás 10 h visita ao CITA
• Ás 10.30 h benvida do concelleiro de Normalización Lingüística de Pontevedra, Alberto Oubiña, no Centro de Interpretación das Torres Arcebispais (CITA), un museo interactivo construído nos alicerces da muralla da fortaleza medieval de Pontevedra.
• De 11 a 12 h almorzo e xogos na alameda e nos xardíns das palmeiras
• Ás 12 h desde a praza da Peregrina, roteiro infantil que ofrece a Concellaría de Normalización Lingüística de Pontevedra para promover o uso do galego vinculado ao espazo urbano.
• Ás 13.30 h xantar na Illa do Covo, mentres se desenvolveron probas do Campionato Internacional  Maratón de Piragüismo
• Pola tarde, regreso a Negreira

WP_20160702_006

Pin It on Pinterest

Share This