imaxe-redes-faltamoito-01

Para viaxarmos coas crianzas hai que ter en conta varios elementos: o máis importante é garantir que os  sistemas de retención infantil sexan os adecuados e despois… gozarmos da viaxe cun xogo para non impacientarnos!

O xogo de peto Falta moito? propón volver ao clásico de identificar elementos da paisaxe viaxeira cunhas tarxetas ben chulas que nos van axudar a mellorar a atención e a facilitar a concentración á vez que desenvolvemos e estimulamos a memoria e a aprendizaxe de vocabulario. E sen pantallas!

Para xogar só hai imprimir e recortar as tarxetas. Cada participante ten que coller sete cartas con elementos que terá que atopar ao longo da viaxe. Tamén pode usarse un número de cartas común para buscar en grupo.

Falta moito?

Descargables e imprimibles do Apego

 

Pin It on Pinterest

Share This