fago-a-maletaCalcetíns? Pixama? Camisolas? Chancletas? Revisastes que non falte nada na maleta? É que se ides de viaxe, ou á casa da avoa ou do tío, ou de campamento, é importante que non deixedes na casa nada do que vos vai facer falta!

Por iso, facilitámosvos aquí esta ficha imprimible coa que poderedes ir revisando todo o que metedes para non esquecer nada. Tres bragas ou calzóns, tres pares de calcetíns, un pixama, dúas camisolas de manga longa, outras dúas de manga curta…, e non esquezades a gorra!

Descargade a ficha Fago a maleta en .pdf, imprimídea e, veña, a facer a maleta!

Esta é unha primeira ficha imprimible de Apego de varias que iremos publicando.

 

Pin It on Pinterest

Share This