Cargando Actividades
Buscar Actividades

Navegación de vista de actividades

Actividades pasadas

Navegación de lista de Actividades

Marzo 2024
De balde

Enredando e lingoretando – Espazo Apego (Santiago de Compostela)

13 Marzo|17:00 - 19:00
Espazo Apego, Rúa da República do Salvador, 12 - entresollado
Santiago de Compostela, A Coruña 15701
+ Google Map
mans

Un espazo de entretemento activo arredor do xogo, libre ou guiado. A socialización en galego é o obxectivo e a imaxinación e os valores da amizade e a cooperación serán as ferramentas.

A actividade contará con dous grupos diferenciados: para 3-6, sen acompañamento dunha persoa titora, e para 0-3 con acompañamento. Nos dous casos o horario será de 17 a 19 h.

Iranse incorporando temas e materiais relacionados coas festividades, o medio natural, a contorna inmediata etc., para propiciar a interacción.

Ler máis »
De balde

Tropa de Trapo: Contos de nenas grandes e pequenas – Moaña

15 Marzo|18:00 - 19:00
Centro Sociocultural Rosalía de Castro, A Costa, 10, Domaio
Moaña, Pontevedra 36957
+ Google Map
contos-de-nenas-grandes-e-pequenas-1

Aquí van os contos de mulleres diversas: unha nena que trata de mediar nunha pelexa entre lagartos, dúas mulleres que axudan a parir a unha vaca, unha nena pequena que salva ao seu pai do esquecemento e a morte, a historia de kinsasa, a elefanta máis vella e sabia de África que aconsella e axuda a resolver os conflitos entre animais... O poder do amor e da memoria, a importancia do bo trato entre as persoas, a loita contra a…

Ler máis »
De balde

Creación de herbario persoal de Pegadas Culturais en Narón

16 Marzo|11:00 - 13:00
Centro cívico social do Couto, A Picota, s/n, San Martiño do Couto
Narón, A Coruña 15570
+ Google Map
imaxe

Unha forma moi divertida de aprender acerca das especies de flora características de Galicia e ademais espertar a creatividade é a elaboración dun herbario persoal.

Ler máis »
De balde

Ritmando con @s Jaloch@s en Bertamiráns (Ames)

16 Marzo|18:00 - 19:00
Ames. Casa da Cultura de Bertamiráns, Praza de Chavián
Bertamiráns, Ames, A Coruña 15220 Spain
+ Google Map
imaxe_ritmando

Espectáculo musical para xogar coa música e coa palabra. Un concerto participativo con xogos baseados no ritmo, na percusión corporal, no baile, na escritura creativa e na lingua de signos co obxectivo de fomentar de xeito divertido o uso do idioma, a inclusión, a igualdade e os valores sociais e colaborativos. Podedes inscribirvos na actividade enviando un correo a normalizacion@concellodeames.gal cos seguintes datos: Nome e apelidos das persoas solicitantes Idade das crianzas Teléfono de contacto O prazo para inscribirse será do 8…

Ler máis »
De balde

Travesía Unicornio en Oleiros

16 Marzo|18:00 - 19:00
A Fábrica, Rúa Inglés, 13
Oleiros, A Coruña 15172 Spain
+ Google Map
travesia-unicornio2

Este sábado 16 de marzo ás 18.00 h na Fábrica, a compañía Teatro Ghazafelhos representará Travesía Unicornio. Esta obra é unha adaptación ao teatro do libro de María Canosa gañador da primeira edición do Premio Anisia Miranda de teatro infantil. As persoas interesadas en asistir poderán inscribirse a través do formulario habilitado. Esta obra está recomendada para maiores de 5 anos. Neste espectáculo un neno e o seu unicornio atópanse cunha xenia que lles promete facer realidade os seus desexos.…

Ler máis »
+ Export Events

Pin It on Pinterest