Cargando Actividades
Buscar Actividades

Navegación de vista de actividades

Actividades pasadas

Navegación de lista de Actividades

Decembro 2018

“Prende no colo”, con Luís Prego e Samuel Soto

13 Decembro|17:30 - 18:15
Casa Azul (Sala Almofrei), Rúa Sor Lucía
Pontevedra, Pontevedra 36002 Spain
+ Google Map
12932721_10207266664683369_3098845209065248884_n

Obradoiro de 0 a 3 anos para aprender cantigas, cantos de berce, xogos de dedos, recitados e outras pezas pensadas para iniciar as crianzas de 0 a 3 anos na linguaxe, no ritmo e na melodía a partir de temas tradicionais galegos.  Luís Prego é profesor de canto e baile tradicional e autor dos libros Para cantar e bailar e Xogos musicais.

Ler máis »

Comerá o bebé? na sala multiusos do Auditorio Reveriano Soutullo de Ponteareas

14 Decembro|17:30 - 18:00
Auditorio Municipal Reveriano Soutullo, Dr. Fernández de La Vega s/n
Ponteareas, Pontevedra 36860 Spain
+ Google Map
apego-14-12-2018

Comerá o bebé?, espectáculo infantil, este venres, dentro do programa Apego A sala de usos múltiples do Auditorio Reveriano Soutullo acollerá este venres, día 14 de decembro, ás 17:30 horas, a actividade infantil “Comerá o bebé?”, a cargo de Cris de Caldas e Xabi do Camiño. Este contacontos interactivo está especialmente dirixido aos máis cativos e nel combínanse contos, poemas, xogos de mans e música da man do músico profesional Xabi do Camiño. Arredor da comida, fíase unha estupenda recompilación…

Ler máis »
De balde

As parábolas de Pakolas en Ourense

14 Decembro|18:00 - 19:00
Sala Apego – Auditorio Municipal de Ourense, Rúa da Canle, 2
Ourense, Ourense 32004 Spain
+ Google Map
pakolas

Espectáculo musical con contacontos de formato individual (Paco Cerdeira) tocando a súa guitarra e interpretando cancións da súa autoría (A Gramola Gominola, Pakola). Combinación das cancións coa narración dalgunhas historias e contos que nelas se recollen, cunha mensaxe final, e que forma así no seu conxunto, unha fermosa parábola musical da que aprender e na que pensar. Sala Apego Público até 5 anos Dúas funcións: ás 18.00 e ás 19.00h Bebés gratis e adulto acompañante 3€

Ler máis »
De balde

Obradoiro de xogos de mesa

15 Decembro|17:30 - 19:30
Centro Cívico das Fontiñas, Rúa de Berlín, 13
Santiago de Compostela, 15707
+ Google Map
Brazolinda

Brazolinda preséntanos un tempo compartido para experimentar con xogos de mesa, divertirse e aprender en familia. Os xogos de Brazolinda son unha ferramenta ideal para socializarmos en galego, porque a súa filosofía xira arredor da fabricación de xogos de mesa en galego que axudan a desenvolver a capacidade de observación, comunicación, razoamento... a través das adiviñas, as matemáticas ou xogos de agudeza visual, entre outros.

Ler máis »
De balde

Pablo Díaz en concerto en Oleiros

15 Decembro|18:30 - 19:30
A Fábrica, Rúa Inglés, 13
Oleiros, A Coruña 15172 Spain
+ Google Map
cartel-concerto-pablo-diaz

Este sábado 15 de decembro Pablo Díaz presenta o concerto do seu disco Coas miñas mans en Oleiros. O espectáculo terá lugar na Fábrica ás 18.30 horas e para asistir é preciso reservar as entradas escribindo un correo a lingua@oleiros.org dando os seguintes datos: nome da nena ou neno, idade, nome da persoa acompañante, teléfono e correo electrónico e indicar se a familia está inscrita no Apego de Oleiros. Empregamos as mans para comunicarnos, para escribir, debuxar, pintar, contar, sentir,…

Ler máis »
+ Export Events

Pin It on Pinterest