Cargando Actividades
Buscar Actividades

Navegación de vista de actividades

Actividades pasadas › Familias con crianzas sen límite de idade

Navegación de lista de Actividades

Decembro 2019

Alegría! de Sérgio Tannus e Rebumbio Producións en Moaña

26/12/2019|18:00 - 19:00
Praza do Concello, As Barxas, 2
Moaña, 36950
+ Google Map
cartaz-alegria-moan%cc%83a3

Alegría! é un espectáculo divertido e enérxico que fai gozar ás cativas e cativos dende o primeiro momento, empregando coreografías sinxelas ou subindo á rapazada ao escenario para ter unha experiencia completa e emocionante. Para o espectáculo, Sérgio Tannus (voz e cordas) acompáñase de Andrea Picos (voz), Lucía Cortiñas (percusión) e Javi Gdjazz (trompeta). A cativada poderá cantar e bailar e ao mesmo tempo coñecerán a historia da eiruga Alegra, que tivo que coñecerse a si mesma e aprender a…

Ler máis »
Febreiro 2020
De balde

Foliada con Apego no Pazo da Peregrina de Bertamiráns (Ames)

21/02/2020|18:00 - 19:00
cartel-foliada-febreiro

Un encontro para coñecerse, compartir, cantar e ir aprendendo unha chea de cantos de noso. Se tocades algún instrumento tradicional, non esquezades traelo!!! Tamén podedes traer merenda para compartir!! Inscrición previa do 13 ao 20 de febreiro enviando un correo a normalizacion@concellodeames.gal cos nomes e apelidos das persoas participantes, idade das crianzas e un teléfono de contacto. Familias con crianzas sen límite de idade. De balde.

Ler máis »
Maio 2020
De balde

Foliada con Apego en Ames

29/05/2020|18:00 - 19:00
cartel-foliada-maio

Un encontro para coñecerse, compartir, cantar e ir aprendendo unha chea de cantos de noso. Se tocades algún instrumento tradicional, non esquezades traelo!!! Tamén podedes traer merenda para compartir!! Inscrición previa do 21 ao 28 de maio enviando un correo a normalizacion@concellodeames.gal cos nomes e apelidos das persoas participantes, idade das crianzas e un teléfono de contacto. Familias con crianzas sen límite de idade. De balde

Ler máis »
Xaneiro 2021

Programación infantil especial para o Nadal 2020

08/01/2021|10:00 - 23/01/2021|23:00
actividades-gravadas-nadal-apego-a-coruna

O Servizo de Normalización Lingüística do Concello da Coruña organizou unha programación infantil para o Nadal 2020 adaptada ao formato virtual. Unha morea de actividades para xuntármonos arredor da lingua, a música e a cultura que nos axudan nestes días incertos e monótonos. Unha programación de Nadal divertida, didáctica e, sobre todo, segura. Xuntamos as bandas, músicas/os, actrices e actores, contacontos, inventoras, técnicas/os de son, escritoras/es para poder gravar concertos, obradoiros, contacontos e actuacións dos vosos artistas favoritos para que poidades gozalas na casa, con toda a seguridade…

Ler máis »
Decembro 2021
De balde

Escola bosque de Mamá Cabra en Moaña

17/12/2021|18:00 - 19:00
Praza do Concello, As Barxas, 2
Moaña, 36950
+ Google Map
escola-bosque

A escola bosque está chea de carballos que case tocan o ceo, castiñeiros, bidueiros, loureiros, bieiteiros, abeleiras e moitas árbores que sempre deron moitísimo máis que madeira. Agochados entre eles andan paxaros como a pega marza, a estreliña do norte, o paporrubio real e a curuxa. E percorrendo os seus camiños están a píntega, os esquíos, o xabaril, o raposo… Este traballo nace do amor pola natureza e do compromiso pola terra que coidaron os nosos avós e as nosas…

Ler máis »
+ Export Events

Pin It on Pinterest