Cargando Actividades
Buscar Actividades

Navegación de vista de actividades

Actividades pasadas › Actividade

Navegación de lista de Actividades

Febreiro 2024
De balde

Prende no colo, con Luís Prego e Samuel Soto (Ames)

1 Febreiro|18:00 - 19:00
Ames. Pazo da Peregina de Bertamiráns, Travesía de José Luís Azcárraga, , nº 5, Bertamiráns
Ames, A Coruña 15220 Spain
+ Google Map
imaxe_prende-no-colo

Sesión musical para aprender cantigas, cantos de berce, xogos de dedos, recitados e outras pezas pensadas para iniciar as crianzas na linguaxe, no ritmo e na melodía. Podedes inscribirvos na actividade enviando un correo a normalizacion@concellodeames.gal cos seguintes datos: Nome e apelidos das persoas solicitantes Idade das crianzas Teléfono de contacto Prazo de inscrición: do 24 ao 31 de xaneiro de 2024.

Ler máis »
De balde

Os tres porquiños de Migallas en Narón

7 Febreiro|17:00 - 17:30
Centro cívico social de San Xiao, Lugar da Igrexa, s/n
Narón, A Coruña 15578
+ Google Map
imaxe-2

Conto teatralizado
Os tres porquiños é un espectáculo teatral para os máis pequenos e pequenas con monicreques, teatro, xogos tradicionais e música en directo. Unha proposta coidada e visual a partir dun dos contos tradicionais máis coñecidos da literatura infantil. Sons, texturas e cores captan a atención dos nenos e nenas nunha proposta sinxela e divertida para gozar en familia.

Ler máis »
De balde

Arrolar de Fundación Legar en Narón

21 Febreiro|17:00 - 17:45
Centro cívico social de San Xiao, Lugar da Igrexa, s/n
Narón, A Coruña 15578
+ Google Map
imaxe-2

Arrolos
Sesión de arrolos na que se empregan movementos acompasados, percusión corporal, sons bucais e instrumentos musicais de raíz, entre eles os axóuxeres como a gaia, o dálle, ou peido de galiña...

Ler máis »
De balde

Música e Rosalía con Leticia Falcón no Milladoiro (Ames)

22 Febreiro|18:00 - 19:00
Ames. Casa da Cultura do Milladoiro, Travesía do Porto, s/n O Milladoiro, Ames
O Milladoiro, Ames, A Coruña 15895 Spain
+ Google Map
imaxe_musica-e-rosalia

Obradoiro de estimulación musical temperá para achegar as crianzas á música e á lingua a través de Rosalía. As familias asistentes coñecerán novos e sinxelos métodos para integrar a música e a lingua nas súas actividades cotiás. Podedes inscribirvos na actividade enviando un correo a normalizacion@concellodeames.gal cos seguintes datos: Nome e apelidos das persoas solicitantes Idade das crianzas Teléfono de contacto O prazo para inscribirse será do 15 ao 21 de febreiro de 2024.

Ler máis »
Marzo 2024
De balde

Casa, casiña, casona de Marta Ortiz en Narón

20 Marzo|17:00 - 17:45
Centro cívico social de San Xiao, Lugar da Igrexa, s/n
Narón, A Coruña 15578
+ Google Map
imaxe

Narración oral, teatro de obxectos e música

Pum, pum!

Quen é? Quen chama á miña casa, casiña, casona?

Ler máis »
+ Export Events

Pin It on Pinterest