Cargando Actividades
Buscar Actividades

Navegación de vista de actividades

Actividades pasadas › 0 a 6

Navegación de lista de Actividades

Novembro 2022

Concerto de Pakolas en Oleiros

06/11/2022|12:30 - 13:30
Auditorio Gabriel García Márquez, Rúa do Chelito, s/n
Mera, Oleiros, A Coruña 15177 Spain
+ Google Map
pakolas-concierto-a-peroxa-min

O vindeiro domingo 6 de novembro ás 12.30 horas volve a programación do Apego co concerto de Pakolas, Rockeando con Ramona Órbita, a dona do tempo, no Auditorio Gabriel García Márquez. Ademais, incorporará algunha canción do novo disco que sairá proximamente. Para todas aquelas persoas que queiran asistir poden solicitar a súa praza a partir do mércores 2 de novembro ás 10.00 horas a través do seguinte enlace: https://forms.gle/5pru3SjsdUjJCPKZ8. Coma sempre, os dous primeiros días da inscrición terán preferencia as persoas inscritas no Apego…

Ler máis »
Xaneiro 2023
De balde

Cantando con raíz de Eduvía no Milladoiro (Ames)

27/01/2023|18:00 - 19:00
Ames. Casa da Cultura do Milladoiro, Travesía do Porto, s/n O Milladoiro, Ames
O Milladoiro, Ames, A Coruña 15895 Spain
+ Google Map
pandeireta-2

Cancións, ditos e recitados para cantarmos xuntas e para achegar as crianzas ao cancioneiro tradicional e á lingua dun xeito natural e divertido.

Ler máis »
Febreiro 2023

Nube, nube, sol de Teatro ó Cubo en Bertamiráns (Ames)

03/02/2023|18:00 - 19:00
Ames. Casa da Cultura de Bertamiráns, Praza de Chavián
Bertamiráns, Ames, A Coruña 15220 Spain
+ Google Map
nube-nube-sol

Achegarémonos á maxia da natureza e á importancia da choiva a través do corpo, do xesto, do canto e da música. Ao agocho dos paraugas, bailaremos e cantaremos con outros simpáticos personaxes.

Ler máis »
Marzo 2023
De balde

Brincadeiras da lingua de Migallas Teatro en Moaña

24/03/2023|18:00 - 19:00
Centro Sociocultural Rosalía de Castro, Palmás s/n
Moaña,
+ Google Map
Migallas Teatro

María Campos e Carlos Yus volven a Moaña con xogos verbais de participación, cancións, contos, monicreques e outros recursos para ofrecernos dun xeito divertido unha escolma de ditos e recitados da literatura popular infantil de Galicia. As familias poderedes aprender estes xogos verbais e usalos no ámbito familiar xunto coas vosas crianzas. Vide para participar en familia!

Ler máis »
Maio 2023

A Festa da Lingua este sábado en Oleiros

03/05/2023|12:30 - 19:30
As Torres de Santa Cruz, Avenida Emilia Pardo Bazán, 17
Santa Cruz, Oleiros, A Coruña 15179 Spain
+ Google Map
festa-da-lingua-3

O Servizo de Normalización Lingüística organiza a Festa da Lingua, unha xornada chea de espectáculos e obradoiros para todas as familias con nenas e nenos de 0 a 6 anos. 12.00 Feira das sementes, de Teatro Babaluva Feira das Sementes é a feira máis pequena do mundo. Unha feira onde nada se vende, onde as sementes trócanse por outras, por un conto, un refrán,  unha canción ou unha adiviña. Destinatarios/as: familias con nenas e nenas a partir de 2 anos…

Ler máis »
+ Export Events

Pin It on Pinterest