Cargando Actividades
Buscar Actividades

Navegación de vista de actividades

Actividades pasadas › A partir de 3 anos

Navegación de lista de Actividades

Decembro 2024
De balde

Assircópatas: Pipí Cucú (Moaña)

13/12/2024|18:00 - 19:00
Espazo Nadal (situado no alto da praza de abastos), R/ Concepción Arenal Pontevedra + Google Map
pipi-cucu_-horizontal

A compañía Assircópatas estea en Moaña esta nova obra na que mesturan o teatro coa maxia, o circo e os malabares nunha historia sobre o poder dos soños e a liberdade. No reino de Ceópole, o malvado rei Amarradismundo escribe leis terribles cunha pluma de corvo, que prohiben as festas de aniversario, o recreo, os domingos... ata prohibe o salouco. Para que a xente non soñe, o rei decide acabar cos soños e encarga unhas almofadas que, coa súa maxia,…

Ler máis »
De balde

Festa do Nadal con María Faltri (Moaña)

20/12/2024|18:00 - 19:00
Espazo Nadal (situado no alto da praza de abastos), R/ Concepción Arenal Pontevedra + Google Map
maria-na-lua-sentada

Neste espectáculo especial, María Faltri invítanos a viaxar ao corazón do solsticio de inverno, onde nace o espírito do Nadal. Vestida cunha maxestuosa capa verde inspirada na saia tradicional galega, guiaranos nun ritual para escribir cartas máxicas cos nosos desexos e medos. Ao dobrar estas cartas, as familias poderán liberar as súas inquedanzas e plantar a semente dos seus soños para o novo ciclo que comeza, honrando así a conexión coa natureza e o ciclo da vida. Ven descubrir en…

Ler máis »
De balde

Magín Blanco e Teatro Ghazafelhos: A nena e o grilo camiño das cores (Moaña)

27/12/2024|18:00 - 19:00
Espazo Nadal (situado no alto da praza de abastos), R/ Concepción Arenal Pontevedra + Google Map
magin-e-ghazafelhos-camino-das-cores2

Chega a Moaña a cuarta entrega de A nena e o grilo, o musical infantil máis aclamado do panorama galego. O fío condutor desta cuarta entrega son os camiños, as peregrinacións nas que as camiñantes buscan atoparse consigo mesmas, a vida que avanza e non sabemos a onde nos leva. A Nena, xunto co Grilo que a acompaña, emprenderá unha viaxe chea de aventuras e sorpresas na que descubrirá que a súa arela non é outra cousa que a amizade.…

Ler máis »
De balde

Títeres Alakrán: A Pita Xefa (Moaña)

29/12/2024|18:00 - 19:00
Sala Celso Parada do Centro Sociocultural Daniel Castelao, Quintela
Moaña, Pontevedra 36950
+ Google Map
03_cartel-nadal_apitaxefa_horizontal

Unha pequena pita cun soño pode facer moitas cousas: salto de lonxitude, bailar claqué... pero, sobre todo, pode conseguir o máis importante: mudar as normas do galiñeiro! A Pita Xefa está baseada nunha obra de Marta Lado, editada por Baía edicións, gañadora do III premio Fina Casalderrey de Literatura Infantil pola Igualdade en 2021. Borja Insua, de Títeres Alakrán, adaptouna para escenificala con monicreques. Esta actividade forma parte dunha nova edición do programa Nadal en Rede, da Rede de Dinamización…

Ler máis »
Marzo 2025
De balde

O Paleolítico, con Polo Correo do Vento, Ab Origine e Marcelo Dobode (Pontevedra)

15 Marzo|11:30 - 13:00
Casa do Pobo de Cerponzóns,
banner_formulario_logos

A historia de Galicia desde a Prehistoria ata o século XIX será o fío condutor dunha serie de actividades familiares lúdico-formativas, ideadas e guiadas por Polo Correo do Vento e Ab Origine no marco do programa Apego. Desenvolveranse ao longo do ano en distintas parroquias e localizacións do concello de Pontevedra, en lugares de doado acceso que dean a coñecer o noso patrimonio.

Ler máis »
+ Export Events

Pin It on Pinterest