Cargando Actividades

« All Actividades

  • Esta evento xa pasou.

Zapatos en Narón

31/05/2019|17:30 - 18:00

De balde
foto-1

Que pasa con todos eses zapatos que xa ninguén usa? Todos os días chegan a un recuncho dun agochado xardín fantásticas historias, as vivencias que traen consigo unha morea de zapatos de todos os tamaños e cores. Unha rapaza nova é a encargada de coidalos, de darlles a benvida ao lugar onde vivirán para sempre, un lugar onde poder compartir emocións con esa bela bailarina, con Pequecho e os seus irmáns, cos namorados, co Sol e a Nube, con centos de compañeiros que teñen moito que contarnos.

Zapatos narra todas esas historias que levan dentro os zapatos que xa non teñen dono.

 

Data: venres, 31 de maio de 2019

Horario: 1ª sesión ás 17:30 h e 2ª sesión ás 19:00 h (duración aproximada 30 minutos)

Lugar: centro cívico social do Alto do Castiñeiro

Destinatari@s: recomendado para nenos e nenas de 1 a 4 anos e as súas familias. Poderán asistir un máximo de 25 nen@s, que irán acompañad@s de, como mínimo, unha persoa adulta (en cada unha das sesións).

Organiza: Servizo de Normalización Lingüística- Concellaría de Ensino e Bibliotecas do Concello de Narón (proxecto Apego)

 

Actividade de balde, mais precisa inscrición previa a través de a.pita@naron.es

Na inscrición, que se poderá realizar do 27 ao 31 de maio, deben aparecer os seguintes datos:

  • nome da actividade
  • nome e idade do neno ou nena
  • nome da nai, pai ou persoa acompañante
  • enderezo electrónico
  • teléfono de contacto

A participación será por estrita orde de inscrición.

Podedes descargar o cartel aquí

Detalles

Data:
31/05/2019
Hora:
17:30 - 18:00
Prezo:
De balde
Actividade Category:
Etiquetas de Actividade:
, , , ,

Organizador

Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Narón
Teléfono:
981337700 (ext1516)

Lugar

Centro cívico social do Alto do Castiñeiro
R/Manuel Antonio, nº7
Narón, A Coruña 15570
+ Google Map
Web:
https://www.facebook.com/avvalto/

Pin It on Pinterest