Cargando Actividades

« All Actividades

  • Esta evento xa pasou.

Xogos de palabras no Espazo Apego (Santiago)

22 Setembro|17:30 - 18:30

De balde
xogos-de-palabras-interior

As palabras son moitas veces a chave do xogo, sérvennos para establecer as normas, animar, interactuar… Imos poñelo en práctica con ditos e cancións para entreternos, coñecérmonos mellor e relacionarnos.

No Espazo Apego, en Santiago, cada mércores temos unha actividade que xoga coas palabras e nos serve para aprender e divertirnos nun contexto favorable para animarnos a usar o galego.

Para nenas e nenos entre 3 e 6 anos acompañados.

Para poder cumprir as normas de distanciamento, todas as actividades terán un límite reducido de asistentes e precisan inscrición.  O acceso aos formularios de inscrición atópase nesta ligazón:

Inscrición para o 22 de setembro

O prazo para anotarse remata ás 12 h do día anterior á actividade.  As prazas asígnanse por orde de entrada das inscricións e confírmanse mediante unha mensaxe ao correo electrónico facilitado, unha vez pechado o prazo. En caso de que queden prazas libres, o formulario poderá permanecer aberto un día máis pero é preciso asegurase de que se recibiu a confirmación para poder asistir á actividade.

Para anular a praza ou calquera outra incidencia pregámosvos que enviedes un aviso ao noso enderezo habitual: dlg@santiagodecompostela.gal

Pregamos que acuda como máximo unha persoa adulta por crianza.

O acceso ao espazo abre uns quince minutos antes de cada actividade. Aconséllase acudir con roupa cómoda e é obrigatorio o uso da máscara a patir dos 6 anos.

 

Detalles

Data:
22 Setembro
Hora:
17:30 - 18:30
Prezo:
De balde
Etiquetas de Actividade:
, , , ,
Web:
http://delingua.santiagodecompostela.gal

Organizador

Concello de Santiago. Lingua Galega
Teléfono:
981542409
Email:
dlg@santiagodecompostela.org
Web:
www.delingua.santiagodecompostela.gal

Lugar

Espazo Apego
Rúa da República do Salvador, 12 - entresollado
Santiago de Compostela, A Coruña 15701
+ Google Map
Teléfono:
981542409
Web:
delingua.santiagodecompostela.gal

Pin It on Pinterest