Cargando Actividades

« All Actividades

  • Esta evento xa pasou.

Xogos de palabras – Espazo Apego de Santiago

15/12/2021|17:30 - 18:30

De balde
portada-xogos-de-palabras

xogos-de-palabras-interior

As palabras son moitas veces a chave do xogo e sérvennos para establecer as normas, animar, interactuar… Imos poñelo en práctica con ditos e cancións para entreternos, coñecérmonos mellor e relacionarnos.

No Espazo Apego, cada mércores temos unha actividade que xoga coas palabras e nos serve para aprender e divertirnos nun contexto favorable para animarnos a usar o galego.

Para crianzas de 3 a 6 anos.

Inscrición para o 15 de decembro

O prazo para anotarse remata ás 12 h do día anterior á actividade.  As prazas asígnanse por orde de entrada das inscricións e confírmanse mediante unha mensaxe ao correo electrónico facilitado, unha vez pechado o prazo. En caso de que queden prazas libres, o formulario poderá permanecer aberto un día máis pero é preciso asegurase de que se recibiu a confirmación para poder asistir á actividade.

Para anular a praza ou calquera outra incidencia pregámosvos que enviedes un aviso ao noso enderezo habitual: dlg@santiagodecompostela.gal

Pregamos que acuda como máximo unha persoa adulta por crianza.

O acceso ao espazo abre uns quince minutos antes de cada actividade. Aconséllase acudir con roupa cómoda e é obrigatorio o uso de máscara para maiores de 6 anos.

Detalles

Data:
15/12/2021
Hora:
17:30 - 18:30
Prezo:
De balde
Web:
http://delingua.santiagodecompostela.gal/

Organizador

Concello de Santiago. Lingua Galega
Teléfono:
981542409
Email:
dlg@santiagodecompostela.org
Web:
www.delingua.santiagodecompostela.gal

Lugar

Espazo Apego
Rúa da República do Salvador, 12 - entresollado
Santiago de Compostela, A Coruña 15701
+ Google Map
Teléfono:
981542409
Web:
delingua.santiagodecompostela.gal

Pin It on Pinterest