Cargando Actividades

« All Actividades

  • Esta evento xa pasou.

Xogo heurístico con Gaia en Compostela

14/05/2019|17:00 - 18:30

De balde
img22

Gaia Ecocrianza proponnos unha tarde de xogo. O Xogo heurístico é unha actividade que aproveita unha etapa de gran curiosidade das crianzas para desenvolver as súas capacidades cognitivas, dedutivas e tamén sociais.

Cando falamos de xogo heurístico falamos do xogo relativo á indagación e ao descubrimento. As crianzas accederán ao espazo de xogo onde atoparán á súa disposición varias coleccións de obxectos sinxelos que poderán manipular e investigar con liberdade. Este xogo fundaméntase na exploración sistemática, onde se manipula e combina libremente gran variedade de obxectos neutros (non didácticos) dando pé a exploración das distintas posibilidades. A exploración consiste en abrir e pechar, tapar, destapar, apoiar, comparar, encher e baleirar.

O papel das mamás e papás no xogo

Nesta primeira etapa, a presenza silenciosa do adulto ou adulta é importante para acompañar e facer que a crianza se sinta segura. Buscará a mirada de aprobación da súa figura de apego pero as persoas adultas non deben intervir no seu xogo. Só o farán se periga a súa seguridade ou a dos compañeiros ou compañeiras de xogo. Pasado o tempo de investigación e experimentación dos nenos e nenas chega o momento de recoller, moi importante para o peche da actividade. Cada obxecto ten que recollerse no seu lugar. Aquí o papel do acompañante será o de invitar a crianza a que vaia gardando os diferentes obxectos de forma clasificada, aproveitando para indicarlle os nomes, as cantidades ou posicións (enriba, dentro…)
Obxectivos da actividade
Preténdese que as familias coñezan a importancia do xogo libre no desenvolvemento de nenos e nenas e arredor deste tema haberá unhas pequenas indicacións ao principio da sesión. O xogo non estruturado proporciona altas doses de confianza e autonomía nos nenos e nenas. Promove a aprendizaxe activa, así como a aparición do pensamento crítico, creativo e diverxente. Os materiais que se empregan son materiais inclusivos, non teñen unha única forma de empregarse , polo tanto son válidos para nenas e nenos de todas as idades, culturas, relixións, condicións ou capacidades.

De 1 a 2 anos

Iscricións do 1 ao 9 de maio en dlg@santiagodecompostela.gal

12 prazas

Detalles

Data:
14/05/2019
Hora:
17:00 - 18:30
Prezo:
De balde
Etiquetas de Actividade:
, , ,
Web:
http://apego.santiagodecompostela.gal/

Organizador

Concello de Santiago. Lingua Galega
Teléfono:
981542409
Email:
dlg@santiagodecompostela.org
Web:
www.delingua.santiagodecompostela.gal

Lugar

Espazo Educativo e de Lecer María Miramontes (As Fontiñas)
Rúa das Fontes do Sar, 1
Santiago de Compostela, A Coruña 15702 Spain
+ Google Map

Pin It on Pinterest