
A gran viaxe das letras galegas leva o público por un camiño cheo de palabras, sons e lembranzas a través de distintas épocas, autoras e autores, desde Rosalía de Castro ata Begoña Caamaño, homenaxeada este ano nas Letras Galegas.
Este espectáculo é, antes que nada, unha celebración da nosa lingua e do poder transformador das letras: un fío condutor que une xeracións, preserva a memoria colectiva e nos axuda a soñar un futuro en galego.
Está financiada co programa Ler conta moito e vai contar con intérpretes en lingua de signos en galego de XOGA (Organización de Diversidade Sensorial de Galicia).