Actividade sen público que conta coa retransmisión en directo o venres 27 de novembro ás 18.00 h en: facebook.com/ConcellodeMoanha ou facebook.com/rechouchios.
Marcelino de Santiago, Kukas, volve a Moaña con este espectáculo de monicreques.
Nesta ocasión mestura o pallaso e a pantomima cos monicreques e a maxia compaxinando o ocio e o divertimento coa educación no consumo responsable e nos hábitos de vida saudables e respectuosos co medio natural e coa ecoloxía.
Está recomendado para nenos e nenas de 3 a 12 anos.
Esta actividade está patrocinada dentro do programa falaRedes da Secretaría Xeral de Política Lingüística.