Cargando Actividades

« All Actividades

  • Esta evento xa pasou.

Verde que te quero verde en Narón

05/07/2020|12:30 - 26/07/2020|14:30

De balde
verde-que-te-quero-verde

As rúas e prazas de Narón acollerán todos os domingos de xullo unha nova edición do programa Verde que te quero verde, unha serie de espectáculos musicais dirixidos a persoas de todas as idades que se realizarán en diferentes prazas do municipio a partir das 12:30 h.

Os espectáculos para o público infantil son:

1º.- Brais das Hortas, o domingo 5 de xullo na praza Irmáns Freire de Xuvia

Estará co espectáculo Da eira cantareira, unha viaxe por contos e cancións do seu repertorio que combina o tradicional e o moderno.

2º.- Xoán Curiel, o domingo 12 de xullo na rúa Vinte e Cinco de Xullo do Alto

Música galega na que tocará diferentes estilos como o funk, o rock ou a bossa nova, sintonizando coa onda do Xabarín

3º.- Pakolas, o domingo 19 de xullo, na rúa Francisco Pizarro, na Solaina

Unha proposta cargada de música e humor para contar varias historias fantásticas cos animais como protagonistas.

4º.- Fantasía coas palabras, o domingo 26 de xullo na rúa Mariña Española da Solaina (nas Vivendas da Mariña)

María Faltri e Jorge Juncal presentan un formato para público infantil e familiar cun amplo repertorio de cancións para aprender e, ao tempo, divertirse.

Todos os espectáculos serán de balde e de entrada libre.

Organiza: Padroado da Cultura do Concello de Narón

Debido á situación actual provocada polo Covid-19, as persoas asistentes deberán cumprir coas medidas de seguridade establecidas.

Detalles

Comeza:
05/07/2020|12:30
Remata:
26/07/2020|14:30
Prezo:
De balde
Actividade Category:
Etiquetas de Actividade:
, , , , ,
Web:
https://www.padroadodecultura.es/

Organizador

Padroado da Cultura do Concello de Narón
Teléfono:
981 391 144
Web:
https://www.padroadodecultura.es/

Pin It on Pinterest