Cargando Actividades

« All Actividades

  • Esta evento xa pasou.

A vaca Paca – Espazo Apego

28/10/2020|17:30 - 19:00

De balde
a-vaca-paca_acega

OS MÉRCORES A FAMILIA VAI Á ESCOLIÑA!

A Asociación de Celíacos de Galicia (ACEGA) aproveita o conto da vaca Paca para explicarnos en que consiste a enfermidade celíaca. A dieta libre de glute é o tratamento que hai que seguir, pero… Que é o glute? Que alimentos o conteñen? Cales son as estratexias para evitar a contaminación cruzada? Paca váinolo aclarar e imos saber algo máis tamén sobre a alimentación adaptada e saudable!

Para familias con crianzas de 0 a 6 anos.

20 prazas.

Inscrición previa en dlg@santiagodecompostela.gal (nome completo, idade de cada unha das persoas asistentes e teléfono de contacto). O prazo para inscribirse na actividade comezará ás 00 horas do mércores da semana anterior.

Para poder seguir as normas de hixienización, o acceso ao espazo comezará arredor de vinte minutos antes da actividade. Na sala de actividades entrarase sen calzado (aconséllase acudir con calcetíns grosos). Recoméndase acudir con roupa cómoda. É obrigatorio o uso de máscara en todo o local.

Organizador

Concello de Santiago. Lingua Galega
Teléfono:
981542409
Email:
dlg@santiagodecompostela.org
Web:
www.delingua.santiagodecompostela.gal

Lugar

Espazo Apego
Rúa da República do Salvador, 12 - entresollado
Santiago de Compostela, A Coruña 15701
+ Google Map
Teléfono:
981542409
Web:
delingua.santiagodecompostela.gal

Pin It on Pinterest