Cargando Actividades

« All Actividades

  • Esta evento xa pasou.

Unha tarde de conto de Cris de Caldas en Narón (APRAZADA)

03/04/2020|17:30 - 18:30

De balde
comera-o-bebe-cris-de-caldas-e-xabi-do-camino

Non é unha tarde calquera.  É a tarde na que o bebé quedará coa avoa Mariña, quen tan pronto lle fai unha paxariña como lle conta un conto, ou dous, ou tres… E, entre conto e conto, adiviñas para merendar, modos para espantar o medo ou para chamar por Pedro Chosco.

Moito dá unha tarde de conto coa a avoa Mariña! Imos con ela?!

 

Data: venres, 3 de abril de 2020

Horario: 1ª sesión ás 17:30 h e 2ª sesión ás 18:30 h (duración aproximada 35 minutos)

Lugar: local da S.C A Pombiña de Pedroso

Destinatari@s: nenos e nenas de 0 a 3 anos e as súas familias. Poderán asistir un máximo de 25 nen@s, que irán acompañad@s de, como mínimo, unha persoa adulta.

Organiza: Servizo de Normalización Lingüística – Concellaría de Ensino e Bibliotecas do Concello de Narón (proxecto Apego)

Actividade de balde, mais precisa inscrición previa a través de a.pita@naron.es

Na inscrición, que se poderá facer entre o 30 de marzo e o 03 de abril, deben aparecer os seguintes datos:

  • nome da actividade
  • nome e idade do neno ou nena
  • nome da nai, pai ou persoa acompañante
  • enderezo electrónico
  • teléfono de contacto
  • Sesión á que prefire asistir

A participación será por estrita orde de inscrición.

 

 

 

 

 

Detalles

Data:
03/04/2020
Hora:
17:30 - 18:30
Prezo:
De balde
Actividade Category:
Etiquetas de Actividade:
, , , ,

Organizador

Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Narón
Teléfono:
981337700 (ext1516)

Lugar

SC A Pombiña de Pedroso
Camiño Torre,23
Pedroso, 15597
+ Google Map

Pin It on Pinterest