Entre os novos amigos de Alí hai un moi especial: un neno en problemas por mor dun vento triste que lle levou a fala. Un novo capítulo das aventuras da nena Alí, da man de Fabaloba e Luís Prego. Obradoiro para cantar, contar e xogar dirixido a familias con nenos/as de 0 a 6 anos.
Participación: máximo 25 nenos/as de 0-6 anos, acompañados/as de ata dúas persoas adultas.
Inscrición previa ata o 8 de maio ás 12:00 h no Servizo de Normalización Lingüística (cultura@carnota.es).