
Paxariños que voades
polas follas dos loureiros,
deixade durmir o neno,
que está no sono primeiro
Chega a hora de ir durmir pero Chispa non ten sono. Meu pobre, non para de chorar… Teremos que contarlle uns contos e arrolalo para o sono chamar.
Un berce cheo de contos é unha actividade para bebés na que se conxuga a tradición oral, os álbums ilustrados e a música en directo.
Data: mércores, 5 de febreiro de 2020
Horario: 1ª sesión ás 17:30 h e 2ª sesión ás 19:00 h (duración aproximada 30 minutos)
Lugar: centro cívico social de San Xiao de Narón
Destinatari@s: nenos e nenas de 0 a 3 anos e as súas familias. Poderán asistir un máximo de 25 nen@s, que irán acompañad@s de, como mínimo, unha persoa adulta.
Organiza: Servizo de Normalización Lingüística – Concellaría de Ensino e Bibliotecas do Concello de Narón (proxecto Apego)
Actividade de balde, mais precisa inscrición previa a través de a.pita@naron.es
Na inscrición deben aparecer os seguintes datos:
A participación será por estrita orde de inscrición.
Podedes descargar o cartel premendo aquí