Cargando Actividades

« All Actividades

  • Esta evento xa pasou.

UMU_Música e ritmo para bebés – Espazo Apego de Santiago

29/12/2021|17:30 - 18:30

De balde
umu_musica-e-ritmo-para-bebes

NADAL CON APEGO EN SANTIAGO DE COMPOSTELA!

María Move volve guiar a actividade na que os participantes son parte mesma do espectáculo: dende o círculo, xuntos, créase o espazo da maxia! Xógase con instrumentos e sorpresas e a vida, por un anaco, desenvólvese desde o ritmo, as rimas… A música e o son crean melodías e danzamos marcando o pulso da música e mais da pegada do ritmo tras a escoita activa do corpo.

De 0 a 3 anos

FORMULARIO DE INSCRICIÓN

O prazo para anotarse remata ás 12 h do día anterior á actividade.  As prazas asígnanse por orde de entrada das inscricións e confírmanse mediante unha mensaxe ao correo electrónico facilitado, unha vez pechado o prazo. En caso de que queden prazas libres, o formulario poderá permanecer aberto un día máis pero é preciso asegurase de que se recibiu a confirmación para poder asistir á actividade.

Para anular a praza ou calquera outra incidencia pregámosvos que enviedes un aviso ao noso enderezo habitual: dlg@santiagodecompostela.gal

Pregamos que acuda como máximo unha persoa adulta por crianza.

O acceso ao espazo abre uns quince minutos antes de cada actividade. Aconséllase acudir con roupa cómoda e é obrigatorio o uso de máscara para maiores de 6 anos.

Detalles

Data:
29/12/2021
Hora:
17:30 - 18:30
Prezo:
De balde
Etiquetas de Actividade:
, , , , ,
Web:
http://delingua.santiagodecompostela.gal/

Organizador

Concello de Santiago. Lingua Galega
Teléfono:
981542409
Email:
dlg@santiagodecompostela.org
Web:
www.delingua.santiagodecompostela.gal

Lugar

Espazo Apego
Rúa da República do Salvador, 12 - entresollado
Santiago de Compostela, A Coruña 15701
+ Google Map
Teléfono:
981542409
Web:
delingua.santiagodecompostela.gal

Pin It on Pinterest