Cargando Actividades

« All Actividades

Umami – Contos no parque (Santiago de Compostela)

11 Agosto|18:00 - 19:00

contos-no-parque_dia-11rrss

11/08/2026

Os martes do mes de agosto temos unha cita no parque de Bonaval! As actividades do Apego saen fóra e invítanvos a vir escoitar, participar e socializar en galego todos os martes ás 18 h na zona da plataforma dos arcos. Non esquezades traer a mantiña e a merenda que alí estarán os contos, cantos, monicreques…

O segundo martes do mes, Pérez&Fernández trae Umami!

Un contacontos participativo que convida a saborear historias coa mesma curiosidade coa que se descobren os sabores.

A través dunha escolma de contos cheos de humor, emoción e tenrura, este espectáculo achega relatos que falan de igualdade, diversidade, feminismo e de novas masculinidades, poñendo no centro o respecto, a empatía e a liberdade de ser e sentir.

Un espectáculo para degustar sen présa, onde cada conto deixa un pouso especial. Umami é o quinto sabor: o que non é doce, nin salgado, nin amargo, nin acedo; existe porque se mesturan cousas. Como a diversidade: non é rosa nin azul, non é unha soa categoría.

O acceso é aberto e de balde. En caso de choiva consultade as redes do Departamento de Lingua Galega do Concello de Santiago (facebook instagram).

Organizador

Concello de Santiago. Lingua Galega
Teléfono:
981542409
Email:
dlg@santiagodecompostela.gal
Web:
www.delingua.santiagodecompostela.gal

Lugar

Parque de Bonaval
Parque de San Domingos de Bonaval
Santiago de Compostela, A Coruña 15703 Spain
+ Google Map

Pin It on Pinterest