Aquí van os contos de mulleres diversas: unha nena que trata de mediar nunha pelexa entre lagartos, dúas mulleres que axudan a parir a unha vaca, unha nena pequena que salva ao seu pai do esquecemento e a morte, a historia de kinsasa, a elefanta máis vella e sabia de África que aconsella e axuda a resolver os conflitos entre animais…
O poder do amor e da memoria, a importancia do bo trato entre as persoas, a loita contra a violencia machista e a igualdade entre homes e mulleres, a resolución de conflitos mediante o diálogo… son algúns dos temas que imos atopar nesta proposta de contos e música da compañía Tropa de Trapo con Marta Ortiz e Brais das Hortas.