Cargando Actividades

« All Actividades

  • Esta evento xa pasou.

A toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza en Narón

17/11/2019|18:00 - 18:45

a%20xanela%20do%20maxin1

A toupiña saía do seu tobo e algo lle caeu na cabeza, a modo de pucho cheirento. Daquela, percorrerá a granxa investigando -moi indignada- cal dos animais que alí viven lle fixera semellante agravio: a pomba, o cabalo, a lebre…

Unha obra simpática e escatolóxica que provoca gargalladas e fai que os espectadores empaticen coa toupiña, ferida no seu orgullo.

Nenas, nenos e maiores terán, con esta historia, a visión dun tema tan natural como a vida mesma e que, con todo, non sempre aparece en escena.

Data: domingo, 17 de novembro de 2019

Hora: ás 18:00 h (duración 45 minutos)

Lugar: Pazo da Cultura do Concello de Narón

Destinatari@s: recomendado para nenos e nenas a partir de 2 anos

Entrada: entradas á venda na billeteira do Pazo da Cultura de Narón ou a través da web www.padroadodecultura.es. Prezos: tarifa abonad@s: 6,65€; público xeral: 9,50€; reducida: 6,65€ (con carné Xove ou de estudante (ata 24 anos) e desempragad@s); nen@s: 5.50€.  (A venda de entradas a tarifa reducida farase unicamente a través da billeteira do Pazo da Cultura de Narón, presentando a debida documentación. +info 981 102 897)

Organiza: Padroado da Cultura do Concello de Narón

+ info: https://www.padroadodecultura.es/gl/espectaculos/evento/toupi%C3%B1a-que-quer%C3%ADa-saber-quen-lle-fixera-aquilo-na-cabeza

Detalles

Data:
17/11/2019
Hora:
18:00 - 18:45
Actividade Category:
Etiquetas de Actividade:
, ,
Web:
http://www.padroadodecultura.es

Organizador

Padroado da Cultura do Concello de Narón
Teléfono:
981 391 144
Web:
https://www.padroadodecultura.es/

Lugar

Pazo da Cultura de Narón

Pin It on Pinterest