O último dos 12 Doces do Outono deste ano chegará da man de Pérez & Fernández nunha sesión de contos en inglés-galego ambientada nun pícnic perfecto onde os obxectos cobrarán vida para axudar ao entendemento das narracións; sinxelas pero cargadas de intención e valores como a empatía, a solidariedade, a fidelidade e o amor.
+ 3 anos
Entrada libre ata completar a capacidade da sala.
Ao finalizar o espectáculo haberá degustación de doces do outono.