PRRRRRRR!!!! Popopoooopoooo!!! TOIN TOIN!!! A pequena coella non para de brincar, non quere durmir sen o seu conto. Esta hora sempre se presenta como unha aventura.
Un espectáculo de contos con monicreques de mesa acompañado de instrumentos musicais sinxelos para gozo da cativada da casa e das súas nais e país (1 a 4 anos).
Haberá dous pases. A inscrición é de balde, só cómpre cubrir o formulario da función elixida e agardar a confirmación que chegará por correo electrónico unha vez rematado o prazo (aberto ata o día 21 ás 12 h):
Inscrición para “Toin Toin” o 22/12/2022 ás 17 h
Inscrición para “Toin Toin” o 22/12/2022 ás 18.15 h