Cargando Actividades

« All Actividades

Territorio Xogantín nas prazas e parques de Compostela

3 Agosto|11:30 - 4 Setembro|13:30

De balde
redes_xogantin_1

cartaz_territorio-xogantin-1

A RÚA É NOSA!

Non hai escola, non estás de viaxe… vas ficar na casa? Mellor quedamos e facemos nosa a rúa, as prazas e os parques enredando libremente.

Un ano máis propomos utilizar o espazo público para xogar do xeito máis libre posible e sen recursos especiais, co fin de adquirir as habilidades e os coñecementos que tradicionalmente se asociaron ao xogo libre no Territorio Xogantín. As monitoras de Xandobela acompañarán a rapazada durante dúas horas diarias para xogar en grupo e ocupar o tempo de lecer de xeito divertido, san, participativo, solidario, respectuoso co medio e en galego. Deixamos fóra as máquinas, as pantallas e os grandes recursos para volver ao que sempre foi o enredo libre e autónomo.

De 6 a 10 anos

Punto de encontro: praza do 8 de Marzo (Porta do Camiño)

Inscricións por un período mínimo dunha semana cubrindo o formulario dispoñible aquí desde o 27 de xullo. O prazo de inscrición para cada semana remata ás 15 h do xoves da semana anterior á escollida.

Detalles

Comeza:
3 Agosto|11:30
Remata:
4 Setembro|13:30
Prezo:
De balde
Etiquetas de Actividade:
, , ,
Web:
http://delingua.santiagodecompostela.gal/actividades

Organizador

Concello de Santiago. Lingua Galega
Teléfono:
981542409
Email:
dlg@santiagodecompostela.org
Web:
www.facebook.com/linguagalegasantiagodecompostela

Lugar

Praza do 8 de Marzo
Praza do 8 de Marzo
Santiago de Compostela, A Coruña 15701 Spain
+ Google Map
Teléfono:
981542409
Web:
delingua.santiagodecompostela.gal

Pin It on Pinterest