Cargando Actividades

« All Actividades

  • Esta evento xa pasou.

Té, chocolate, café en Narón

19 Outubro|18:00 - 19:00

De balde
foto-golfinos-2

Té, chocolate, café é espectáculo musical para nenos e nenas onde gozarán dunha viaxe sensorial a través de palabras, arrolos, música, poesía e teatro.

Nas súas cancións atoparemos un peixe moi mentireiro, unha bruxa que nos quere converter en moitos animais, a fermosa Rosiña á que lle encanta viaxar en cabalos de cores, tamén poderás xogar ás adiviñas e moitas sorpresas que atoparás en cada melodía ao longo deste traballo, para que os pequenos gocen acompañados das súas familias, dun son único en cada tema.

 

Data: venres, 19 de outubro de 2018

Horario: ás 18:00 h (duración aproximada 1 hora)

Lugar: centro cívico social de San Mateo

Destinatari@s: recomendado para nenos e nenas de 1 a 6 anos e as súas familias. Poderán asistir un máximo de 40 nen@s, que irán acompañad@s de, como mínimo, unha persoa adulta.

Organiza: Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Narón

 

Actividade de balde, mais precisa inscrición previa a través de a.pita@naron.es

Na inscrición deben aparecer os seguintes datos:

  • nome da actividade
  • nome e idade do neno ou nena
  • nome da nai, pai ou persoa acompañante
  • enderezo electrónico
  • teléfono de contacto

A participación será por estrita orde de inscrición.

Vídeo de actuación en directo: https://vimeo.com/97412979

Descargar cartel

Detalles

Data:
19 Outubro
Hora:
18:00 - 19:00
Prezo:
De balde
Actividade Category:
Etiquetas de Actividade:
, , ,

Organizador

Concello de Narón

Lugar

Centro cívico social de San Mateo
Camiño da Xilfeira s/n San Mateo Narón
Narón,
+ Google Map

Pin It on Pinterest