Cargando Actividades

« All Actividades

  • Esta evento xa pasou.

Tardes xogantinas – Espazo Apego de Santiago

28/12/2022|17:30 - 19:00

De balde
tardes-xogantinas-500

Todos os mércores no Espazo Apego de Santiago de Compostela!

As Tardes xogantinas son un espazo de socialización e xogo en galego para nenas e nenos de 3 a 6. Un tempiño semanal de xogo colectivo onde aprender e experimentar en grupo e coa lingua como vehículo e como elemento de cohesión e acceso ao patrimonio lúdico tradicional.  Cada sesión terá unha duración dunha hora e media, sen acompañamento das persoas titoras e baixo a guía, sempre divertida e educadora, de Xandobela!

Para acudir cómpre inscribirse cubrindo este formulario:

Inscrición Tardes xogantinas 28/12/2022

O prazo para anotarse remata ás 12 h do día anterior á actividade.  As prazas asígnanse por orde de entrada das inscricións e confírmanse mediante unha mensaxe ao correo electrónico facilitado, unha vez pechado o prazo. En caso de que queden prazas libres, o formulario poderá permanecer aberto un día máis pero é preciso asegurase de que se recibiu a confirmación para poder asistir á actividade.

Para anular a praza ou calquera outra incidencia pregámosvos que enviedes un aviso ao noso enderezo habitual: dlg@santiagodecompostela.gal

 

Detalles

Data:
28/12/2022
Hora:
17:30 - 19:00
Prezo:
De balde
Etiquetas de Actividade:
, , , , ,
Web:
http://delingua.santiagodecompostela.gal/

Organizador

Concello de Santiago. Lingua Galega
Teléfono:
981542409
Email:
dlg@santiagodecompostela.org
Web:
www.delingua.santiagodecompostela.gal

Lugar

Espazo Apego
Rúa da República do Salvador, 12 - entresollado
Santiago de Compostela, A Coruña 15701
+ Google Map
Teléfono:
981542409
Web:
delingua.santiagodecompostela.gal

Pin It on Pinterest