Cargando Actividades

« All Actividades

  • Esta evento xa pasou.

Tardes de contos – Espazo Apego

23 Xuño|17:00 - 18:30

De balde
tardes-de-contos-initerior-2

Contos lidos, contos musicais, avoas que contan, visitas de autores, construción de poemas, dramatizacións… un tempo no que achegarse á literatura oral e escrita!

Para crianzas de 0 a 3 anos (con acompañante).

Todos os martes laborables a partir do 9 de xuño no Espazo Apego de 17 a 18.30 h (o acceso ao espazo comezará a partir das 16.40 h).

Inscrición previa en dlg@santiagodecompostela.gal (nome completo, idade de cada unha das persoas asistentes e teléfono de contacto). O prazo para inscribirse na actividade comezará ás 00 horas do martes da semana anterior.

Para poder seguir as normas de hixienización, o acceso ao espazo comezará arredor de vinte minutos antes da actividade. Na sala de actividades entrarase sen calzado (aconséllase acudir con calcetíns grosos). Recoméndase acudir con roupa cómoda (pódense usar materiais que manchan). É obrigatorio o uso de máscara en todo o local.

Detalles

Data:
23 Xuño
Hora:
17:00 - 18:30
Prezo:
De balde
Etiquetas de Actividade:
, , ,
Web:
http://apego.santiagodecompostela.gal/

Organizador

Concello de Santiago. Lingua Galega
Teléfono:
981542409
Email:
dlg@santiagodecompostela.org
Web:
www.facebook.com/linguagalegasantiagodecompostela

Lugar

Espazo Apego
Rúa da República do Salvador, 12 - entresollado
Santiago de Compostela, A Coruña 15701
+ Google Map
Teléfono:
981542409
Web:
delingua.santiagodecompostela.gal

Pin It on Pinterest