Contos lidos, contos musicais, avoas que contan, visitas de autores, construción de poemas, dramatizacións… un tempo no que achegarse á literatura oral e escrita!
Todos os martes lectivos a partir do 24 de marzo no Espazo Apego
– De 16.30 a 17.30 h para nenas e nenos de 3 a 6 anos (con acompañante)
– De 18.30 a 19.30 h para e nenas e nenos ata 3 anos (con acompañante)
Aberto e de balde, con prazas limitadas (15) que se ocuparán pola orde de chegada ata completar a capacidade.