A lingua sérvenos para contar historias. Diso van as tardes de contos: lemos, contamos, inventamos, escoitamos e traballamos coa literatura oral e escrita para explicar o mundo ou imaxinalo. Cada martes no Espazo Apego dedicamos a tarde aos contos.
Dividimos, por idades, a actividade de cada martes. Para acudir cómpre inscribirse escollendo e cubrindo o formulario:
Inscrición Tarde de contos 11/10/2022 17 h (0-3 anos)
Inscrición Tarde de contos 11/10/2022 18.15 h (3-6 anos)
O prazo para anotarse remata ás 12 h do día anterior á actividade. As prazas asígnanse por orde de entrada das inscricións e confírmanse mediante unha mensaxe ao correo electrónico facilitado, unha vez pechado o prazo.
Para anular a praza ou calquera outra incidencia pregámosvos que enviedes un aviso ao noso enderezo habitual: dlg@santiagodecompostela.gal
O acceso ao espazo abre uns quince minutos antes de cada actividade. Aconséllase acudir con roupa cómoda.