As Tardes de contos están dirixidas a familias con crianzas dos 0 aos 6 anos que queiran mellorar a comunicación e a relación coas crianzas, con contos para gozar, xogar e cantar.
Tamén é o obxectivo desta actividade que as familias vaian tecendo un club de contos con Apego.
Cómpre inscrición previa no correo normalizacion@concellodeames.gal (prazas limitadas)