Lourenzo ten unha galiña azul con cinco plumas vermellas na á dereita. Unha galiña moi bonito e moi rara: pon ovos de cores! Ademais non di cacaracá como as outras galiñas, senón que di cocorocó. E isto ten preocupadas as autoridades.
A galiña azul está baseada no conto de Carlos Casares. é un espectáculo que fala da diversidade e da solidariedade, no que Tanxarina Teatro emprega diversas técnicas de manipulación de bonecos, traballo actoral, música e cancións.