Cargando Actividades

« All Actividades

  • Esta evento xa pasou.

Son xogos, xogos son con Pablo Díaz na Coruña

24 Outubro|18:00 - 19:00

Navegación de Actividade

2

Aprenderemos algúns dos xogos das avoas, bailarémolos e acabaremos aprendendo bailes, coros e coreografías dalgúns dos temas máis populares de TIC TAC, TOC TOC e XENTE MIÚDA, MOITA FARTURA.

Pablo Díaz é un prestixioso músico coruñés, que debutou co seu primeiro traballo discográfico TIC TAC, en decembro de 2009 e co que acadou un éxito espectacular en Galicia, xa que a primeira edición do traballo esgotouse en 3 meses, e está xa tamén esgotada a 4ª edición do traballo.

Con este traballo resultou un dos 3 finalistas nos premios galegos da música Martín Códax. Foi o gañador do premio “Anisia Miranda á creatividade infantil” en 2011.

En novembro de 2013, ve a luz o segundo traballo, TOC TOC, da editorial Galaxia, que xa tivo que ser reeditado en febreiro de 2014 e do que van vendidos máis de 4000 libro-discos

En decembro de 2014, presenta o seu novo traballo máis íntimo e dedicado ao público de menor idade: “Xente Miúda, moita fartura”, apostando nesta ocasión pola autoprodución e por contar coa colaboración de Tito Calviño e Carmen Rey.

O seu último traballo, “Tic tac toc” publicouse a través da editorial Galaxia no Nadal de 2016.

Inscrición a partir do luns 9 ás 9.00 horas

Detalles

Data:
24 Outubro
Hora:
18:00 - 19:00
Actividade Category:
Etiquetas de Actividade:
Web:
http://www.coruna.gal/lingua/gl/axenda/detalle-de-eventos/son-xogos-xogos-sons-con-pablo-diaz-e-olga-kirk/suceso/1453629163866

Lugar

Ágora
Lugar da Gramela, 17
A Coruña, A Coruña 15010
+ Google Map
Teléfono:
981 189 888

Pin It on Pinterest