Cargando Actividades

« All Actividades

  • Esta evento xa pasou.

Son no berce en Narón

21/12/2022|18:00 - 18:30

De balde
foto-publi

Concerto sensorial para bebés

A Cova das Letras leva a Narón un espectáculo que esperta as emocións das crianzas a través de estímulos sensoriais como imaxes, palabras, tactos diversos, olores e música en directo. Unha experiencia única para os bebés e as súas familias.

Data: mércores, 21 de decembro de 2022

Horario: 1ª sesión ás 18:00 h e 2ª sesión ás 18:30 h (duración aproximada 30 minutos)

Lugar: centro cívico social do Couto

Destinatari@s: recomendado para nenos e nenas de 0 a 3 anos e as súas familias. Poderán asistir un máximo de 15 nen@s por sesión, que irán acompañad@s de, como mínimo, unha persoa adulta.

Organiza: Secretaría Xeral de Política Lingüística (programa Nadal en Rede da Rede de Dinamización Lingüística) coa colaboración do Concello de Narón a través do Servizo de Normalización Lingüística

 Actividade de balde, mais precisa inscrición previa a través de a.pita@naron.es

Na inscrición deben aparecer os seguintes datos:

  • nome da actividade
  • nome e idade do neno ou nena
  • nome da nai, pai ou persoa acompañante
  • enderezo electrónico
  • teléfono de contacto

 

A participación será por estrita orde de inscrición.

Podes descargar aquí o cartel 

 

Detalles

Data:
21/12/2022
Hora:
18:00 - 18:30
Prezo:
De balde
Actividade Category:
Etiquetas de Actividade:
, , , , ,

Organizadores

Secretaría Xeral de Política Lingüística
Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Narón

Lugar

Centro cívico social do Couto
A Picota, s/n, San Martiño do Couto
Narón, A Coruña 15570
+ Google Map

Pin It on Pinterest