Cargando Actividades

« All Actividades

  • Esta evento xa pasou.

Somos iguais de Raquel Queizás en Narón

22/11/2019|17:30 - 18:30

De balde
somos_iguais_cartel

Queliña quere ser aviadora, gústalle vivir aventuras e contar historias. De pequena estaba farta de escoitar contos de PRINCESAS ROSAS e apoucadas e de PRÍNCIPES AZUIS e insensibles e un día dixo BASTA XA!!!

Puxo o gorro e os anteollos de pilota e foi buscar contos para demostrar que nenas e nenos SOMOS IGUAIS. Si, igual de valentes e igual de sensibles.

Descubriremos historias de nenas e nenos (ou animais) que rompen os estereotipos que abundan nos contos e así atoparemos nenas decididas e nenos sensibles. Identificaremos situacións ás que nos temos que enfrontar día a día, na escola, na casa, coas amigas e amigos,… onde a violencia ou a agresividade física e verbal pode ter solución grazas á palabra e gozaremos brincando coa imaxinación que nos une.

 

Data: venres, 22 de novembro de 2019

Horario: 1ª sesión ás 17:30 h e 2ª sesión ás 19:00 h (duración aproximada 50 minutos)

Lugar: centro cívico social do Couto

Destinatari@s: nenos e nenas de 3 a 8 anos e as súas familias. Poderán asistir un máximo de 30 nen@s, que irán acompañad@s de, como mínimo, unha persoa adulta.

Organiza: Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Narón (proxecto Apego)

 

Actividade de balde, mais precisa inscrición previa a través de a.pita@naron.es

Na inscrición, que se poderá realizar do 18 ao 22 de novembro, deben aparecer os seguintes datos:

  • nome da actividade
  • nome e idade do neno ou nena
  • nome da nai, pai ou persoa acompañante
  • enderezo electrónico
  • teléfono de contacto

A participación será por estrita orde de inscrición. 

Podedes descargar o cartel aquí

Detalles

Data:
22/11/2019
Hora:
17:30 - 18:30
Prezo:
De balde
Actividade Category:
Etiquetas de Actividade:
, , , ,

Organizador

Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Narón
Teléfono:
981337700 (ext1516)

Lugar

Centro cívico social do Couto
A Picota, s/n, San Martiño do Couto
Narón, A Coruña 15570
+ Google Map

Pin It on Pinterest