Espectáculo de monicreques de luva para, que desde ben nova, a cativada aprenda a rachar cos estereotipos.
Adaptación con monicreques dun conto popular, que mostra as penurias dunha pobre nena que habita nun precioso castelo da nosa terra. Aínda que este conto da formación Tarabelos cheira a princesas, Sabela non o é.
Logo da contada haberá un obradoiro relacionado.
Para crianzas maiores de 3 anos
Entrada aberta ata completar a capacidade